Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

O Concello de Boqueixón toma coñecemento das 40 cacharelas de San Xoán solicitadas pola veciñanza

23 de xuño de 2023

PermisosCacharelasBoqueixon

O Concello de Boquixón fai públicas as comunicacións de realización de cacharelas de San Xoán 2023 solicitadas pola veciñanza en espazos privados (36) e públicos (4). As cacharelas terán que realizarse na noite do 23 ao 24 de xuño, sendo as 3:30 horas da madrugada a hora límite para rematar a celebración.

A maiores, lembramos as medidas de precaución que deberán tomar as persoas promotoras das cacharelas:

  1. A fogueira gardará as distancias mínimas que establece a lexislación de prevención de incendios forestais a vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos e zonas vexetais susceptibles de ser queimadas.
  2. A súa dimensión non superará os 5 metros de altura e os 3 metros de diámetro.
  3. Non se queimarán residuos perigosos ou tóxicos tipo pneumáticos, aceites, plásticos, envases de aerosois, etcétera.
  4. En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprais), aínda que estean baleiros
  5. Disporase no lugar dun sistema de extinción de incendios axeitado á proporción da fogueira.
  6. A fogueira permanecerá vixiada ata a súa total extinción que deberá se asegurada empapando os restos totalmente con auga.
  7. No caso de que se levante vento que poda dificultar a vixilancia e extinción da fogueira esta deberá suspenderse ou apagarse de inmediato.
  8. O solicitante será sempre o responsable dos danos e prexuízos que a fogueira ocasione.
  9. Será obrigatoria a limpeza dos espazos públicos autorizados ao remate da actividade, incluídos os elementos utilizados para o desenvolvemento do mesmo, inmediatamente despois de rematar a cacharela e/ou sardiñada.

No caso de problemas, chamarase ao 085 ou 112.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo