Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

CAMBIO DE HORA na actuación do mago Dani García mañá domingo 25 de xuño: será de 17:00 a 20:00 horas

24 de xuño de 2023

O Concello de Boqueixón informa do adianto da actuación do mago Dani García, que terá lugar mañá domingo 25 de xuño na piscina municipal do Forte. Finalmente, “Gadalka, maxia detrás do cristal” poderá desfrutarde de 17:00 a 20:00 horas, xa que se trata dunha proposta dirixida a pequenos grupos familiares e que permite o achegamento case total do público ao mago. Así, a acción céntrase nunha pequena caseta de feira, á que as familias poderán achegarse para vivir unha experiencia máxica a poucos centímetros. Esta caseta, de menos dun metro cadrado, agocha tras o seu cristal ao mentalista Gadalka, interpretado por Dani García

“Gadalka, maxia detrás do cristal” é un espectáculo de maxia de proximidade incluído dentro do programa Cultura no Camiño 2023. A participación é totalmente de balde. Organiza: Concello de Boqueixón. Colaboran: Cultura Activa e Xunta de Galicia.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo