
Co gallo da conmemoración hoxe, 28 de xuño, do Día do orgullo LGTBI+, o Concello de Boqueixón quere difundir unha mensaxe de igualdade e defensa da diversidade, ao tempo que visibilizar a importancia da tolerancia e o respecto as persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.
Queremos normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais. Facer, en definitiva, que a nosa sociedade sexa máis plural.
