Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

A recreación histórica da Batalla de Ponte Ledesma terá lugar o domingo 6 de agosto

21 de xullo de 2023

O Campo do Río da Ponte acollerá o domingo 6 de agosto, a partir das 20:00 horas, a recreación histórica da Batalla de Ponte Ledesma. Organizada polo Concello de Boqueixón, en colaboración coa Xunta de Galicia, contará coa participación de Suso Martínez (actor e narrador) e o músico Manoele de Felisa.

O acto rememorará a batalla que libraron o 9 de marzo de 1809 as tropas de Napoleón e as tropas da Xunta do Trasdeza, formadas maioritariamente por labregos que, pese a non posuir armas de fogo nin nocións militares, lograron vecer ao que daquela estaba considerado o mellor exército do mundo.

Dende o Concello de Boqueixón queremos agradecer a colaboración dos veciños e veciñas de Ponte Ledesma e a súa contorna, así como á asociación Heroes de Casal do Eirixo.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo