Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Axudas

Ábrese o prazo para solicitar as axudas a entidades sen ánimo de lucro para o ano 2023 do Concello de Boqueixón

3 de agosto de 2023

axudassubvencions

Ata o 31 de agosto estará aberto o prazo para a solicitude das axudas a entidades sen ánimo de lucro que o Concello de Boqueixón convoca para este ano 2023. Como en anos anteriores a tramitación será telemática a través da sede electrónica do concello.

As subvencións, convocadas en réxime de concorrencia competitiva, teñen por obxecto o financiamento de programas ou proxectos de actividades e investimentos levados a cabo polas entidades sen ánimo de lucro do concello de Boqueixón, coa finalidade de promover e dinamizar a participación activa da veciñanza e do tecido asociativo.

Este ano incorporánse varias novidades destacables con respecto a anteriores convocatorias, como:

  • A porcentaxe de financiamento poderá acadar ata o 100% do custo total. Para percibir o importe íntegro da subvención outorgada a entidade beneficiaria deberá xustificar como mínimo, un gasto polo importe  da subvención concedida.
  • Non é preciso a presentación do xustificante de pagamento das facturas no momento da xustificación. Este documento deberá presentarse no prazo máximo dun mes dende o pago da axuda concedida por parte da Tesourería do concello.
  • Tamén poderán ser obxecto de subvención os gastos correntes (facturas de luz, teléfono, auga, internet, material de oficina, xestoría, seguros, combustibles e calquera outro similar).

As entidades e asociacións de Boqueixón que desexen acceder a estas axudas deberán presentar as súas solicitudes a través da Sede Electrónica do Concello de Boqueixón antes do 31 de agosto. O Concello de Boqueixón valorará especialmente o número de veciños e veciñas beneficiados polo proxecto, así como o interese xeral da proposto ou a traxectoria da asociación, entre outros criterios.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo