Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

ACTUALIZACIÓN: ATOPADO O DONO DOS cadeliños perdidos pola zona de Rodiño

25 de setembro de 2023

ACTUALIZACIÓN 28/9/2023: Localizada a persoa responsable dos dous cadelos, que xa están felices na súa casiña. Grazas á difusión da información por parte da veciñanza puidemos dar coa persoa propietaria, xa que o chip dos cadelos tiña un problema técnico e non permitía a súa lectura correcta.

______________________________

O Concello de Boqueixón atopou estes dous cadelos perdidos dando voltas pola zona de Rodiño. Agora xa están seguros na base de Protección Civil, onde poden ser recollidos polos seus donos/as. As algún veciño ou veciña os recoñece, agradécese que se poña en contacto connosco no 981 51 34 34.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo