Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Axudas

A Xunta abre o prazo para solicitar axudas ao alugueiro

15 de xaneiro de 2024

O Concello de Boqueixón informa de que a Xunta de Galicia abre hoxe, luns 15 de xaneiro, o prazo para presentar as solicitudes para as axudas para o pago do alugueiro. Máis información: bases da convocatoria.

A convocatoria, que está dotada cun total de 20 millóns de euros para os anos 2024 e 2025, establece que as axudas que poden acadar o 60% do importe do alugueiro no caso de:

  • menores de 36 anos
  • familias numerosas e monoparentais
  • emigrantes retornados a Galicia recentemente e cunha estadía mínima de 2 anos fóra de España
  • persoas inscritas desde hai máis dun ano no Rexistro único de demandantes de vivenda protexida

No resto dos casos a axuda será 50, 40 ou 30% do custe do alugueiro, en función dos ingresos dos beneficiarios, garantir un funcionamento máis xusto e distributivo do programa.

Neste sentido, os ingresos da unidade de convivencia non poderán superar 3 veces o Iprem (25.200 €/ano). Canto máis baixos sexan os ingresos, maior será a porcentaxe da renda subvencionada. O tope elevarase ata 4 ou 5 veces o Iprem no caso de familias numerosas ou que teñan algún membro cunha discapacidade.

A convocatoria limita o prezo do arrendamento en función do concello no que estean localizadas:
  • no caso das 7 cidades,  a renda máxima é de 600 €
  • na zona 1, que agrupa as vilas e os municipios de carácter urbano, o límite será de 550 €
  • e no resto de Galicia (Boqueixón incluído) non superará os 425€.
As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
As axudas convócanse polo procedemento de concorrencia non competitiva. É dicir, levará os cartos o primeiro que solicite. Considerarase como data de entrada no rexistro da Xunta aquela na que estea completa a solicitude e toda a documentación.
Compartir
WhatsApp Facebook Correo