Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Axudas

As axudas da Xunta para a compra de electrodomésticos poden solicitarse dende hoxe xoves

8 de febreiro de 2024

O Concello de Boqueixón informa de que a partir de hoxe xoves 8 de febreiro poden solicitarse as axudas do programa Galicia Renova Electrodomésticos. Estas axudas cobren o 25% do custo do electrodoméstico e, en caso de consumidores vulnerables, entre o 50% e o 75%. É dicir, as achegas oscilan entre os 100 e os 450 € e poden solicitarse para a compra de frigoríficos, frigorífico-conxelador, conxelador, lavadora, lavalouzas ou placas de indución coa correspondente cualificación enerxética.

A Xunta destina un orzamento de 2,2 millóns de euros coa intención de mobilizar 7,6 millóns de euros en vendas e beneficiar ata 14.000 fogares galegos. A día de hoxe son xa case 400 os establecementos adheridos a esta campaña.

Máis información no DOG do 12 de xaneiro ou no INEGA.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo