Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

A ITV Agrícola estará no campo da festa de Rodiño do 20 ao 25 de marzo

8 de marzo de 2024

itvagricola

O Concello de Boqueixón informa de que a Unidade Móbil número 3 da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas estará no campo da festa de Rodiño entre o 20 e o 25 de marzo. O horario de atención ao público será tanto de mañá, de 9:00 a 13:30 horas, como de tarde, de 15:15 a 18:00 horas. O día 22 de marzo só se atenderá en horario de mañá.

Para poder facer uso deste servizo é preciso fixar unha cita previa ben por teléfono (902 30 90 00) ou ben a través da web www.sycitv.com.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo