Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Xuventude (OMIX)

Abertas as preinscricións nos Campamentos de Verán 2024 ata o 26 de abril

15 de abril de 2024

O Concello de Boqueixón abre hoxe o prazo de preinscrición nos Campampentos de Verán 2024, que organiza en colaboración co Concello de Vedra. As preinscricións estarán abertas desde hoxe luns 15 de abril ata as 15:00 horas do venres 26 de abril. As propostas son:

MINICAMPAMENTO DE AVENTURA

Datas: do 22 ao 25 de xuño de 2024 (4 días, 3 noites).

Persoas destinatarias: nadas nos anos 2013, 2014 e 2015.

Prezo: 130 €.

Preinscricións: neste enlace antes das 15:00 horas do 26 de abril.

CAMPAMENTO DE MAR

Datas: do 22 ao 29 de xuño de 2024 (8 días, 7 noites).

Persoas destinatarias: nadas nos anos 2008, 2009, 2010, 2011, 2012 e 2013.

Prezo: 195 €.

Preinscricións: neste enlace antes das 15:00 horas do 26 de abril.

CAMPAMENTO XUVENIL: VIAXE DO VERÁN A ALICANTE

Datas: do 22 ao 28 de xuño de 2024 (7 días, 6 noites, saída o 21).

Persoas destinatarias: nadas nos anos 2006, 2007 e 2008.

Prezo: 350 €.

Preinscricións: neste enlace antes das 15:00 horas do 26 de abril.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo