Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Xuventude (OMIX)

Medio cento de veciños e veciñas participaron na segunda excursión do “Boqueixón en ruta”

4 de xuño de 2024

Máis de medio cento de veciños e veciñas participaron a pasada fin de semana na segunda das excursións programadas na iniciativa “Boqueixón en ruta” e que incluíu unha visita aos canóns do Sil, á Ribeira Sacra e á localidade de Castro Caldelas.

A próxima saída terá como destino ás Rías Baixas e celebrarase o mércores 3 de xullo. Antes, o vindeiro sábado 15 de xuño terá lugar unha ruta de sendeirismo entre Laxe e Arou.

Máis información e inscricións no Concello ou no 981 513 115. As prazas e o número de asento no autobús adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo