Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, SERVICIOS SOCIAIS
  • Publicada o 12 junio 2024

Belén do Campo visita as 2 casas do maior de Boqueixón e anima a solicitar as axudas para a creación de novas

A delegada da Xunta da Coruña, Belén do Campo, o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ángela Conde Leis, visitaron esta mañá as casas do maior de  Lodeiro e Carabán, nas que os seus usuarios reciben unha atención personalizada preto das súas vivendas.

A representante do Goberno autonómico destacou a importancia destes servizos para garantir uns coidados de calidade e gratuítos aos maiores que residen no rural. Así apuntou que, nestes momentos, na comarca de Santiago están operativos 10 centros deste tipo nos concellos de Boqueixón (2), Frades (2), Santiso (1), Toques(1), Tordoia (3) e Val do Dubra (1).

Durante a visita, Belén do Campo animou aos particulares a solicitar as axudas para a creación de 20 novas casas do maior. A Xunta destina 1,3 millóns de euros a esta convocatoria que permitirá a posta en funcionamento de 100 prazas 100% gratuítas para persoas maiores de 60 anos que viven en concellos de menos de 5.600 habitantes que non contan con servizos de atención diúrna. As bases poden consultarse no Diario Oficial de Galicia (DOG) do xoves 23 de maio.

Con esta nova convocatoria, Galicia rematará o ano con 143 casas do maior. Unha medida pioneira que Executivo autonómico comezou a implantar no ano 2018 e na que desde entón leva investidos 22,4 millóns de euros. Os promotores destes recursos reciben subvencións para as obras de acondicionamento dos inmobles nos que prestarán o servizo, para o mantemento da actividade e para o desprazamento dos usuarios. Así mesmo e como novidade, esta orde establece unha axuda complementaria de 150 euros semanais nos casos de baixa de maternidade ou paternidade da persoa encargada da casa do maior.

As persoas interesadas en poñer en marcha unha casa do maior teñen ata o 24 de xuño presentar as súas solicitudes a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta.

Ofrecemento do Concello

Neste sentido, compre lembrar que o Concello de Boqueixón xa anunciou que autorizará a ocupación dun local na Casa da Cultura de Camporrapado para acoller unha nova Casa do Maior, que poderá ser ocupado temporalmente pola persoa que resulte adxudicataria da subvención para a posta en marcha dunha nova casa do maior en Boqueixón como consecuencia da Resolución que dite a Consellería de Política Social. Unha persoa que deberá estar empadroada en Boqueixón.

Boqueixón conta na actualidade con dúas instalacións deste tipo: a Casa do Maior Lodeiro, posta en marcha na parroquia de Loureda pola emprendedora Marta Renda Guillán a principios de 2021; e a Casa do Maior de Carabán, promovida por Beatriz Mella Pazos a principios de 2024. Cada una delas dispón de 5 prazas: ben cinco persoas a tempo completo de 8 horas ou incluír xente a tempo parcial de 4 horas).

Poden acceder a estes servizos persoas de máis de 60 anos, tendo preferencia aquelas que teñan recoñecidos graos I ou II de Dependencia. O prezo é totalmente de balde, tanto do servizo como do desprazamento, financiado pola Consellería de Política Social. O xantar ten un prezo de 5 euros. O seu horario de atención é diúrno, durante 8 horas de luns a venres.

Os Servizos Sociais de Boqueixón serán os encargados de tramitar as solicitudes de praza na nova casa do maior, polo que as persoas interesadas en obter máis información poden chamar ao 981 513 106.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}