Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

Fallo do xurado do X Concurso de Fotografía “Imaxes de Boqueixón”

12 de decembro de 2024

O xurado do X Concurso de Fotografía “Imaxes de Boqueixón” elixiu a fotografía “Aurora boreal dende o Pico Sacro“, de César Carracedo, como gañadora do certame. Os outros dous premiados son Mónica Vila Ferreirós, pola súa imaxe “Pico Sacro“, e “Sombras de outono“, de Alicia Carrillo Martínez. Un certame ao que se presentaron un total de 69 fotografías.

2º Premio: “Pico Sacro”

Os premios serán entregados polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, durante un acto que terá lugar no salón de plenos municipal o próximo luns 16 de decembro, ás 13:00 horas.

3º Premio: “Sombras de outono”

Así mesmo, o xurado escolleu tamén as outras 9 fotografías que, xunto as tres gañadoras, formarán parte do calendario 2025 do Concello de Boqueixón, que nas próximas semanas chegará ás vivendas.

O xurado do certame estivo composto por Javier Carnota, director de medios comarcais gratuítos como STGO, AMSGO, PTV ou Crónicas; Adolfo Enríquez, fotógrafo; Carlos Suárez, xornalista de Nós Comunicación; e Rosario Iglesias, técnica municipal de Cultura, con voz e sen voto.

Podes consultar a fotografías escollidas premendo neste enlace.

Adxuntos

Compartir
WhatsApp Facebook Correo