Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): AXUDAS, Boqueixon
  • Publicada o 9 enero 2025

A Xunta convoca axudas a particulares para mellorar a imaxe exterior de edificios, vivendas e muros de peche

O Concello de Boqueixón informa de que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria das axudas da Xunta de Galicia para a corrección de impactos urbanísticos, dirixidas a cidadáns particulares. Unhas axudas que permitirán cubrir ata o 70% do investimento total (ata un máximo de 3.000 euros) para proxectos de mellora da imaxe exterior das vivendas e doutras construcións adxacentes, como muros de peche.

Así, poderase conseguir axudas para actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos da fachada da vivenda; para rematar, renovar ou substituír o acabado exterior das cubertas; ou para recuperar, restaurar ou revestir muros de peche de terreos.

Cun orzamento global para 2025 de 1 millón de euros, o prazo de presentación das solicitudes abrirase o vindeiro 20 de xaneiro, para que as persoas interesadas poidan dispoñer duns días para analizar a convocatoria e recompilar a documentación requirida. As persoas solicitantes disporán dun mes para solicitar as achegas.

 

CONVOCATORIA AXUDAS CORRECCIÓN IMPACTOS PAISAXÍSTICOS 2025

Resolución do 26 de novembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas polo Instituto de Estudos do Territorio, e se establece a súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MT402A), tramitado como expediente anticipado de gasto. (DOG Nº 5, do 9 de xaneiro de 2025).

  

Características

– Destinadas a persoas físicas titulares dun inmoble ou ben.

– Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, orde cronolóxica de entrada.

– Aboarase o 70% do total do proxecto, co límite de 3.000 euros por solicitante e ben.

– Estas actuacións deberán adaptase ao criterio que fixan a Guía de cores e materiais de Galicia e a Guía de boas prácticas de caracterización e integración paisaxística. 

 

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes e iniciarase en sete (7) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día en que se inicie a presentación de solicitudes. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación,  entenderase que o prazo remata o último día do mes.

 

Para que tipo de obras podo solicitar axudas?

O obxecto central é a corrección de impactos paisaxísticos existentes en:

  1. Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.
  2. Remate, renovación e/ou substitución do acabamento exterior de cubertas.
  3. Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.

 

Enlace para consultar a convocatoria ano 2025:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250109/AnuncioG0192-271124-0001_gl.pdf

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}