Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

CIM

Gran participación familiar na xornada de Teatro pola Igualdade

18 de marzo de 2025

Un total de trinta veciños e veciñas de Boqueixón participaron na xornada de Teatro pola Igualdade, organizada polo CIM de Boqueixón en colaboración do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero e o Ministerio da Igualdade. Unha iniciativa dirixida á rapazada de Infantil e Primaria do municipio e na que tomaron parte seis familias.

A compañía Trémola Teatro puxo en escena a obra “Jane e Rachel”, unha peza que trataba a cuestión do empoderamento da nena e o papel da muller na ciencia a través da experiencia de dúas famosas científicas: Jane Goodall e Rachel Carson. Unha vez rematada a obra, a rapazada presente debateu sobre as razóns que motivan a celebración do 8M e outras cuestións como cales son as mulleres máis importantes das súas vidas ou que farían elas e eles para reivindicar o Día Internacional da Muller.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo