Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

O Concello organiza un curso gratuíto do TIC Rural para persoas desempregadas ou xubiladas

15 de maio de 2025

O Concello de Boqueixón organiza un curso gratuíto do programa “Tic Rural” dirixido a persoas desempregadas e xubiladas para aprender a usar un ordenador ou calquera dispositivo móbil. Terá lugar en xuño, cunha duración de 15 horas e é necesario ter un grupo mínimo de 10 persoas para a súa realización.

Este curso pertence ao programa “Tic Rural”, incluído na iniciativa “Reto Rural Dixital” que busca promover a capacitación dixital de persoas residentes en municipios con menos de 5.000 habitantes. Este programa ten como obxectivo ofrecer un apoio integral para a formación digital de persoas, sen límite de idade, que se atopen en situación de desemprego ou inactividade.

A formación en Boqueixón adaptarase ás peticións e necesidades das persoas que se inscriban, que poderán elixir entre cuestións como aprender a manexar programas básicos (navegador, explorador de arquivos, visor de imaxes), como usar o correo electrónico, controlar ferramentas ofimáticas básicas (procesadores de texto, power point…), seguridade na rede, saber facer trámites con entidades financeiras, centros de saúde e outros organismos…

Máis información e inscricións antes do 26 de maio no Departamento de Emprego, Formación e Turismo (981 513 061).

Compartir
WhatsApp Facebook Correo