
O Concello de Boqueixón abre ata o 10 de xuño as inscricións nos Cursos de Natación 2025, que terán lugar durante o mes de xullo na piscina municipal do Forte en horario de mañá.
Uns cursos dirixidos a nenos e nenas nados/as do ano 2013 ao 2020 ambos incluídos, que poderán elixir entre dous niveis: iniciación e perfeccionamento.
As persoas interesadas en participar deberán presentar cumplimentada a ficha de inscrición adxunta ben a través da sede electrónica municipal ben presencialmente no Rexistro do Concello. O prezo do curso é de 15 euros.
