Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

CIM

Lista definitiva de admitidas/dos no servizo de conciliación Verán Activo 2025. Programa Plan Corresponsables

19 de xuño de 2025

O Concello de Boqueixón publica a listaxe definitiva das 108 crianzas admitidas na actividade Verán Activo 2025, no servizo de conciliación Verán Activo 2025, programa Plan Corresponsables, toda vez que non se presentou ningunha alegación á lista provisional.

Un procedemento no que se aprobaron todas as solicitudes presentadas e non quedou ninguén excluído/a.

Sinalar que están obrigados ao pago dos prezos públicos os beneficiarios/as do servizo, os cales deberán remitir xustificante da transferencia bancaria efectuada ao correo electrónico cim@boqueixon.com.

Para poder formar parte do grupo de Difusión do Verán Activo ter en conta o teléfono de contacto do mesmo que é o 672 894 456.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo