Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Bandos e avisos

Un total de 44 cacharelas de San Xoán brilarán en Boqueixón na noite do 23 ao 24 de xuño

23 de xuño de 2025

O Concello de Boqueixón toma coñecemento das 44 comunicacións de realización de cacharelas de San Xoán solicitadas pola veciñanza na noite do 23 ao 24 de xuño, depois de que a pasada medianoite se pechara o prazo de solicitude. Podes consultar as cacharelas autorizadas neste enlace.

E por unha segura e feliz noite de San Xoán para todos e todas, lembramos tamén as normas de obrigatorio cumprimento para maior seguridade á hora de montar as cacharelas:

  1. A fogueira gardará as distancias mínimas que establece a lexislación de prevención de incendios forestais a vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos e zonas vexetais susceptibles de ser queimadas.
  2. A súa dimensión non superará os 5 metros de altura e os 3 metros de diámetro.
  3. Non se queimarán residuos perigosos ou tóxicos tipo pneumáticos, aceites, plásticos, envases de aerosois, etcétera.
  4. En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprais), aínda que estean baleiros.
  5. Disporase no lugar dun sistema de extinción de incendios axeitado á proporción da fogueira.
  6. A fogueira permanecerá vixiada ata a súa total extinción que deberá se asegurada empapando os restos totalmente con auga.
  7. No caso de que se levante vento que poda dificultar a vixilancia e extinción da fogueira esta deberá suspenderse ou apagarse de inmediato.
  8. Será obrigatoria a limpeza dos espazos públicos autorizados ao remate da actividade, incluídos os elementos utilizados para o desenvolvemento do mesmo, inmediatamente despois de rematar a cacharela e/ou sardiñada

E lembra: en caso de emerxencia chama ao 112 ou ao 085.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo