Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, OMIX
  • Publicada o 23 julio 2025

Comeza o campo internacional de voluntariado “Monte Sacro”, promovido polos Concellos de Boqueixón e de Vedra

O campo internacional de voluntariado “Monte Sacro”, promovido polos Concellos de Boqueixón e de Vedra, bota a andar esta semana tras cubrir todas as súas prazas. Un total de quince rapaces e rapazas, de entre 18 e 30 anos de idade chegados de diferentes partes de España e de países como Rusia ou Italia, participarán nesta iniciativa ata o vindeiro 31 de xullo.

Durante estas dúas semanas, a rapazada levará a cabo accións de limpeza e acondicionamento de dous espazos naturais: primeiro nas inmediacións de San Xoán da Cova (Vedra) e despois no Pico Sacro (Boqueixón). A primeira actuación terá lugar nos próximos días nas inmediacións do lugar onde se cre que podería estar emprazado o mosteiro de San Xoán da Cova. De feito, a expedición recibiu a visita do historiador Henrique Neira, quen lles falou das historias e lendas que envolven a este magnífico encrave natural e cultural.

E é que a pesar de que non hai catalogados restos arqueolóxicos na zona, si se dispón de moita información e lendas sobre a ermida de San Xoán da Cova e os seus monxes. Un lugar citado xa nun antigo documento do século IX como “Sactum lhanem ad Eremo” pero cuxa localización exacta continúa sendo un misterio, despois de sufrir os ataques dos viquingos e mesmo ser derrubado polas augas do río Ulla. A actuación da rapazada consistirá na limpeza da contorna para despexala de plantas e árbores invasoras, de forma que a zona sexa máis visitable.

Xunto a estas actuacións, a rapazada presente no campo internacional de voluntariado “Monte Sacro” tamén participará en distintos obradoiros e charlas formativas, ademais de realizar rutas e visitas a distintos puntos de interese de Galicia, como Santiago de Compostela.

Esta iniciativa está coorganizada polos Concellos de Vedra e Boqueixón e impulsado pola dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}