Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

AGACA convoca 2 prazas para realizar estancias formativas en cooperativas

4 de agosto de 2025

O Concello de Boqueixón informa de que a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), a través do proxecto POCTEP ES-FACTORY, convoca 2 prazas para realizar estancias formativas en cooperativas, cunha formación teórica previa. O Programa de Bolsas Xerenciais ofrece a oportunidade de realizar unha formación práctica en cooperativas durante 6 meses, a razón de 25 horas semanais, de luns a venres, en modalidade presencial.

Este programa está deseñado para desenvolver as túas habilidades de liderazgo, xestión e traballo en equipo, mentres contribúes ao fortalecemento dos valores cooperativos, e se enmarca dentro das actuación a desenvolver no ámbito do Proxecto 0259_ES_Factory_1_E , cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER, no marco do Programa de
Cooperación INTERREG VI-A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027.

A quen está dirixido?

A persoas con titulación de Enxeñería Agrónoma, Veterinaria, ADE ou calquera outra relacionada coa xestión empresarial, e con interese no modelo cooperativo, na xestión empresarial e no desenvolvemento social.

Prazo de inscrición?

Ata o 20 de agosto de 2025.

Como inscribirse?

  1. Cubre e envía o formulario: https://forms.gle/74Q9yoSrE7AnxEqC6
  2. Envía o teu CV por correo electrónico a loli@agaca.coop

A finalidade do Programa é mellorar a xestión das cooperativas, abordando procesos de mellora das organizacións, á vez que se mellora a empregabilidade das persoas participantes, mellorando a súa capacitación mediante un proceso de iniciación profesional nas cooperativas beneficiarias.

A persoa bolseira e a cooperativa contan ademais co apoio da mentoría e titorización de AGACA, apoiando as súas necesidades e demandas para o mellor desenvolvemento do programa.

Que che ofrecen?

  • Experiencia real no sector cooperativo.
  • Mentoría e capacitación continua.
  • Unha oportunidade de expandir a túa rede profesional.
  • Apoio económico para que te enfoques no teu desenvolvemento.
Compartir
WhatsApp Facebook Correo