Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

O Concello organiza talleres prácticos de Capacitación Dixital para persoas desempregadas ou xubiladas

18 de agosto de 2025

O Concello de Boqueixón organiza un curso gratuíto do programa “Tic Rural” dirixido a persoas desempregadas, pensionistas e xubiladas para facilitar o acceso e manexo das novas tecnoloxías. Duración de 15 horas, é necesario ter un grupo mínimo de 10 persoas para a súa realización.

A proposta inclúe diferentes obradoiros prácticos:

  • Trámites cos centros de saúde e outros organismos
  • Ferramentas ofimáticas básicas
  • Uso de móbil e/ou tablet
  • Correo electrónico

Máis información e inscricións no Departamento de Emprego, Formación e Turismo (981513061 / emprego@boqueixon.es) ou no teléfono 604011269 / tic@empleoenred.org

Compartir
WhatsApp Facebook Correo