O Concello de Boqueixón abre inscricións no curso de Ioga Integral e Benestar, que terá lugar na casa da cultura de Camporrapado de outubro de 2025 a xuño de 2026. Trátase dunha iniciativa que busca mellorar a mobilidade, tono articular e muscular das persoas que a practican, ademais de aumentar a súa elasticidade, forza, equilibrio, consciencia corporal e conseguir un patrón respiratorio saudable. En definitiva, unha práctica de saúde e benestar.
As clases serán impartidas por persoal de Agora Yoga e terán lugar todos os mércores de outubro de 2025 a xuño de 2026. Haberá dúas posibilidades horarias: de 19:00 a 20:00 ou de 20:00 a 21:00.
O prezo é de 20€/mes.
Máis información no Departamento de Cultura: 981 513 115.
Incricións por Rexistro ou sede electronica antes do 23 de setembro. Descarga o impreso de anotación premendo aquí.
Adxuntos
- Ficha IOGA (174 kB)