O Concello de Boqueixón informa de que as probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro de 2025, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua Galega.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.
As sedes e os horarios para a realización das probas publicaranse no Portal da Lingua Galega xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 de setembro ao 3 de outubro.