Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, SERVICIOS SOCIAIS
  • Publicada o 15 septiembre 2025

Boqueixón terá dúas novas Casas do Maior, en Camporrapado e Lamas, e convértese nun dos municipios con maior número de prazas para a atención aos maiores en Galicia

Boqueixón contará con dúas novas casas do maior, concretamente nas parroquias de Oural e Lamas. Así llo confirmou esta mañá o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, ao alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, durante unha visita ás instalacións da Casa da Cultura de Camporrapado, xa que o Concello autorizará a ocupación dun dos seus locais para a posta en marcha dunha Casa do Maior.

“Con estas dúas novas casas do maior, Boqueixón convértese nun dos municipios de Galicia con maior número de casas e prazas para atender aos nosos maiores, xunto a Vilanova de Arousa, e tamén dá resposta a unha demanda veciñal, pois estas instalacións fomentan non só a autonomía persoal dos nosos maiores senón que tamén se converten nun punto de encontro con persoas da súa mesma idade”, explicou Rodeiro Tato, quen agradeceu a Antón Acevedo a comunicación destas dúas novas instalacións.

Poden acceder a estes servizos persoas de máis de 60 anos, tendo preferencia aquelas que teñan recoñecidos grao I de Dependencia. O prezo é totalmente de balde, tanto do servizo como do desprazamento, financiado pola Consellería de Política Social. O xantar ten un prezo de 7 euros. O seu horario de atención é diúrno, durante 8 horas de luns a venres. Os Servizos Sociais de Boqueixón son os encargados de tramitar as solicitudes de praza na nova casa do maior (981 513 106).

Emprendemento feminino

Dúas casas do maior que serán postas en marcha por tres emprendedoras locais, dúas delas presentes hoxe durante a visita do director xeral. Trátase de Jessica Moreiro Acebedo e Jessica Lirio, que porán en marcha “Casa Aloumiños” nun local cedido polo Concello de Boqueixón na Casa da Cultura de Camporrapado; e Nerea Barreiro Ferreiro, que fará o propio en Outeiro (Lamas), onde acondicionará unha instalación para abrir “Fogar de Lamas”.

“Unha vez que estean en marcha estas dúas novas instalacións, os maiores de Boqueixón disporán de 20 prazas gratuítas á súa disposición preto das súas casas, fomentando deste xeito tanto os coidados de proximidade como a permanencia desa persoa maior na súa contorna”, apunta o alcalde boqueixanés. De feito, a cesión do local de Camporrapado tiña como obxectivo facilitar que este servizo estivera dispoñible e próximo a todos os maiores do municipio, independentemente da parroquia na que residiran.

Visita a Camporrapado

Na súa visita a Camporrapado, Antón Acevedo puido comprobar sobre o terreo as instalacións que albergarán a “Casa Aloumiños”, seguindo as indicacións da emprendedora Jessica Moreiro e escoitando tamén as explicacións de Nerea Barreiro sobre o seu proxecto en Lamas. Unha visita na que estiveron acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Ángela Conde Leis; e polos concelleiros de Servizos e Obras Públicas, Manuel Fernández Munín; Facenda, Servizos Xerais, Mantemento e Limpeza, José Manuel Iglesias Gómez; e Industria, Turismo e Desenvolvemento Local, José Luís Mareque Simón.

Boqueixón conta na actualidade con dúas instalacións deste tipo operativas: a “Casa do Maior Lodeiro”, posta en marcha na parroquia de Loureda pola emprendedora Marta Renda Guillán a principios de 2021; e a “Casa do Maior de Carabán”, promovida por Beatriz Mella Pazos a principios de 2024. Cada una delas dispón de 5 prazas (ben cinco persoas a tempo completo de 8 horas ou incluír xente a tempo parcial de 4 horas).

DOG

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da convocatoria para a creación de 20 novas casas do maior en diferentes concellos de Galicia,  que suporán a creación de 100 prazas máis totalmente gratuítas destinadas á atención diúrna dos maiores.

Esta nova convocatoria conta cun orzamento dun millón de euros e permite incrementar a rede de casas do maior de Galicia ata as 160. A resolución recolle que se crearán dous novos recursos nos concellos de Muxía, Boqueixón, Camariñas e San Amaro; e un novo servizo destas características nos municipios de Ponteceso, Fisterra, Oía, Carnota, Dumbría, Mazaricos, Maside, Petín, Campo Lameiro, Cerdido, Quintela de Leirado e A Mezquita.

Nestes momentos en Galicia xa hai en funcionamento máis de 140 recursos destas características que prestan servizo a máis de 700 maiores. A Xunta impulsou estes recursos pioneiros co obxectivo de ofrecer unha atención totalmente gratuíta aos maiores que viven nos concellos máis pequenos Deste xeito, poténcianse os coidados de proximidade na contorna e ofrécense alternativas de asentamento de poboación no rural.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}