O Concello de Boqueixón abre un proceso de selección para a provisión en réxime laboral temporal da contratación de 1 xardineiro/a para 9 meses a xornada completa.
Esta persoa deberá ser demandante dos servizos públicos de emprego e beneficiaria do sistema nacional de garantía xuvenil. Folla de solicitude.
Para máis información, consultar as bases reitoras da convocatoria ou a súa publicación no BOP.
O programa está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
Podes seguir toda a información desta convocatoria a través da nosa sede electrónica.
Adxuntos
- BASES REITORAS (120 kB)
- BOP 06.11.25 (101 kB)
- ANEXO I (62 kB)