Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

Oferta de emprego: Vendedor/a en Eroski City Lestedo a xornada completa

11 de novembro de 2025

empregoboqueixon

Dende o Departamento de Emprego do Concello de Boqueixón achegan unha oferta de emprego de vendedor/a en Eroski City Lestedo a xornada completa.

REQUISITOS:

  • Dinamismo.
  • Traballo en equipo e atención ao cliente.
  • Incorporación inmediata.
  • Compromiso.
  • Gañas de aprender.

FUNCIÓNS:

Como profesional de supermercado formarás parte dun equipo cuxa principal responsabilidade é conseguir a satisfacción do cliente. Terás á túa disposición a formación necesaria para mellorar de forma continua e profesionais cualificados que  axudarán no teu día a día.

  • Reposición e manipulación do produto.
  • Asesorar aos clientes.
  • Presentación e imaxe correcta dos alimentos, e do bo estado dos mesmos.

OFRÉCESE:

  • Formar parte dunha empresa estable e segura.
  • Formación a cargo da empresa.
  • Asesoramento de profesionais do sector para apoiarche nas túas tarefas diarias.

Se es unha persoa entusiasta, optimista, traballas en equipo e  tes bo trato co cliente, contacta no seguinte correo: rrhh@joalper.es

Compartir
WhatsApp Facebook Correo