O xurado do XI Concurso de Fotografía «Imaxes de Boqueixón» elixiu a fotografía «Reflexos da Ponte», de Fernando Lueiro Balado, gañadora do certame. Os outros dous premiados son César Carracedo Pose, pola súa imaxe «Ofrenda nocturna» e «Esperando o outono», de Sojhayla Mendieta Celedón. Un certame ao que se presentaron un total de 71 fotografías.

Os premios serán entregados polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, durante un acto que terá lugar no salón de plenos municipal o luns 29 de decembro, ás 13:30 horas.

Así mesmo, o xurado escolleu tamén as outras 9 fotografías que, xunto as tres gañadoras, formarán parte do calendario 2026 do Concello de Boqueixón.

O xurado do certame estivo composto por Antonio Vázquez Fernández, director do xornal Bisbarra; José Alberto Pedrido Guldrís, de Pedrido Fotografía; Carlos Suárez, xornalista de Nós Comunicación; e Rosario Iglesias, técnica municipal de Cultura, con voz e sen voto.
Podes consultar a fotografías escollidas premendo neste enlace.
Adxuntos
- Acta xurado _signed (3 MB)