Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, CULTURA, TURISMO
  • Publicada o 30 diciembre 2025

Fernando Lueiro Balado gaña por segunda vez o concurso “Boqueixón en Imaxes” cunha imaxe da ponte de Ponte Ledesma

“Reflexos da Ponte”, unha fermosa imaxe da ponte de Ponte Ledesma e o seu reflexo na auga e nunha esfera, do fotógrafo e veciño de Boqueixón Fernando Lueiro Balado foi a gañadora da undécima edición do Concurso de Fotografía “Boqueixón en Imaxes”. A súa proposta foi escollida polo xurado de entre as 71 fotografías presentadas a concurso, dúas máis ca na edición anterior. Lueiro Balado xa gañara a edición de 2023 con outra imaxe súa das Illas de Gres, daquela presentando unha fotografía aérea. Ademais, a súa segunda proposta quedou en cuarta posición e forma parte do calendario 2026 do Concello de Boqueixón.

Completaron o podio o xornalista César Carracedo Pose, gañador da edición de 2024, con “Ofrenda nocturna”, unha sorprendente imaxe nocturna da Capela de San Sebastián ao pé do Pico Sacro na que destaca a contraste entre a luz vermella das candeas fronte ao negro estrelado do ceo; e Sojhayla Mendieta Celedón, veciña de Boqueixón, con “Esperando o Entroido”, unha fotografía dun xeneral da Ulla de costas contemplando o Pico Sacro.

As festas, protagonistas

O concelleiro de Obras, Manuel Fernández Munín, foi o encargado de entregarlles os premios: vales de compra en calquera establecemento do municipio por un importe de 200, 150 e 50 euros, respectivamente. Así mesmo, agasallounos con varios exemplares do Calendario 2026, que recollen as súas tres imaxes canda as outras nove mellor puntuadas do certame e que chegará de balde a todas as vivendas do municipio nos próximos días.

O xurado do concurso, composto por Antonio Vázquez Fernández, director do xornal Bisbarra; José Alberto Pedrido Guldrís, de Pedrido Fotografía; Carlos Suárez, xornalista da axencia Nós Comunicación; e Rosario Iglesias, técnica municipal de Cultura (con voz e sen voto), elixiron as tres imaxes gañadoras do certame e as 12 integrantes do calendario de acordo a criterios de calidade técnica, composición, impacto visual, mensaxe transmitida, creatividade e dificultade.

Unha das novidades do certame, a posibilidade de presentar imaxes de celebracións e festas representativas de Boqueixón, foi ben recibida xa que ata unha decena de fotos correspondéronse coas tres festas de interese turístico existentes no municipio: o Entroido de Sergude, a Festa da Filloa de Lestedo e as Carrozas do San Cidre do Oural. Todas elas están representadas no almanaque deste ano.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}