Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Servizos sociais

O centro de saúde do Forte participa no ensaio da vacina do virus sincitial

20 de xaneiro de 2026

O Concello de Boqueixón informa de que o centro de saúde do Forte é un dos escollidos para participar no ensaio da vacina do virus sincitial, iniciado esta fin de semana. O único requisito para participar é ter máis de 18 anos e que o teu número de historia clínica sexa elixido polo programa informático deste estudo (o que supón un 50% de posibilidades de conseguir a vacina).

Como participar

Se desexas participar neste ensaio, o primeiro é pedir cita en Enfermería do centro de saúde do Forte. Unha vez no centro de saúde, terás que darlle acceso aos investigadores ao teu historial clínico, para que poidan seguir se enfermas ou non. A continuación, terás que asinar o consentimento (incluíndo nome completo, data, sinatura, nome do investigador que che atende e se desexas recibir información ou non do estudo. Nese momento é cando o programa informático decidirá se che poñen ou non a vacina.

Este estudo ten como obxectivo avaliar a redución de ingresos hospitalarios na poboación galega mediante a vacinación fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS). Este ensaio clínico non avalía a efectividade da vacina, xa autorizada para a súa administración, senón que busca constatar a súa eficacia á hora de reducir o número de ingresos hospitalarios por VRS na poboación adulta.

As persoas interesadas en participar neste estudo teñen á súa disposición o teléfono gratuíto 900 842 217 e a web do proxecto (www.sincigal.com) para resolver dúbidas.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo