O Concello de Boqueixón organiza este mércores 11 de febreiro, ás 20:00 horas, unha charla informativa sobre as axudas para mellorar a depuración de augas en vivendas unifamiliares convocadas por Augas de Galicia. Unha charla que terá lugar na casa do concello (O Forte) e cuxa asistencia é totalmente libre e de balde.
Durante a xornada analizarase polo miúdo a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, convocadas por Augas de Galicia e que teñen como obxectivo que as vivendas unifamiliares xestionen de forma axeitada as súas augas residuais domésticas a través dunha solución de depuración autónoma.
A contía pode chegar ata o 100% do investimento, cun máximo de 4.000 euros por vivenda.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 16 de febreiro ao 16 de marzo.
As solicitudes presentadas tramitaranse por orde de entrada, correcta e completamente presentadas no rexistro, ata o esgotamento do crédito.
Para máis información podes consultar as bases da convocatoria ou asistir á charla informativa do mércores 11 de febreiro, ás 20:00 horas, na casa consistorial de Boqueixón.
Adxuntos
- Modelo de solicitude (2 MB)