A Xunta de Galicia lanza unha nova edición do Bono Emancípate para xente nova traballadora de menos de 36 anos

O Concello de Boqueixón informa de que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, convoca as axudas de apoio á emancipación da mocidade Bono emancípate para o ano 2026. Trátase dunha axuda económica dirixida as persoas mozas traballadoras que adquiran ou aluguen unha vivenda, que ten como finalidade contribuír a sufragar os gastos derivados da súa emancipación nunha vivenda distinta da dos/das seus/súas proxenitores/as, que non sexan os do prezo de adquisición ou da renda de alugueiro, como son os derivados da adquisición de mobiliario e artigos de decoración en xeral, electrodomésticos, enxoval de cociña e baño ou téxtil de fogar.

  • Prazo de presentación de solicitudes: 13/02/2026, ás 09:00 h – 30/04/2026, ás 20:00 h (salvo que se acabe o crédito con anterioridade).
  • Onde presentar: Sede electrónica da Xunta de Galicia (código CT501B). As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta.
  • Destinatarios: Persoas menores de 36 anos que independicen.
  • Contía:
    • 1.500 €: Para aluguer de vivenda.
    • 3.000 €: Para adquisición de vivenda.
  • Uso: Tarxeta virtual para mobles, electrodomésticos, utensilios, enseres domésticos, mudanzas, xestorías ou notarías.
  • Condicións: A compra ou aluguer debe ser posterior ao 30 de abril de 2025 e a tarxeta caduca o 31 de decembro de 2026.
  • Xestión: Tramítase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

A axuda está pensada para cubrir os gastos iniciais derivados da emancipación e non para o pago mensual do aluguer.

Máis información:

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025