Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

CIM

Abertas inscricións na andaina gratuíta “8M. No Camiño da Igualdade”

13 de febreiro de 2026

O Concello de Boqueixón informa da apertura do prazo de inscrición na andaina gratuíta “8 M. No Camiño da Igualdade”, que terá lugar o próximo domingo 8 de marzo co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller. Un evento organizado polos Concellos de Boqueixón, Vedra e Touro, ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e co apoio do Ministerio da Igualdade.

O número de prazas é limitado, con preferencia para aquelas persoas empadroadas nos concellos organizadores. A inscrición, totalmente de balde, está aberta ata o 2 de marzo de dúas formas:

A andaina terá lugar ao longo dunha ruta circular de 15 km de dificultade media, con saída ás 10:00 horas do domingo 8 de marzo da casa do Concello de Touro e volta ás 14:00 horas. As persoas participantes recibirán un agasallo e un bocadillo, ademais de poder desfrutar dun espectáculo de despedida a cargo de Teatro pola Igualdade.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo