Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

CIM

Admitidas todas as solicitudes presentadas ao programa de conciliación Entroido Activo

13 de febreiro de 2026

O Concello de Boqueixón informa de que foron admitidas todas as fichas de solicitude presentadas, a través da Sede Electrónica Municipal ou do Rexistro Xeral do Concello, para o servizo de conciliación Entroido Activo, un programa lúdico educativo que facilita a conciliación laboral e familiar nestas vacacións de entroido.

As actividades desenvolveranse nas instalacións do concello e do CPI Orza Couto os días 16, 17 e 18 de febreiro de 2026, en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo