
O Concello de Boqueixón organiza un curso gratuíto de defensa persoal feminina, dirixido a mulleres a partir dos 14 anos (menores de idade, con autorización).
Unha formación que será impartida por Escola Judo Club o sábado 14 de marzo, de 10:00 a 13:00 horas, no ximnasio municipal do Forte.
A participación é totalmente de balde, se ben o número de prazas é limitado (tendo preferencia as mulleres empadroadas en Boqueixón).
Inscricións:
- chamando ao teléfono 981 513 106
- a través deste formulario: https://forms.gle/DuJECWSaooJMZBDKA
