Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Axudas

Axudas da Xunta para a mellora das infraestruturas de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración en Galicia

12 de marzo de 2026

axudassubvencions

O Concello de Boqueixón informa de que a Axencia de Turismo de Galicia convoca axudas para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración en Galicia para actuacións que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2026.

Dirixido a:

  • establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos
  • restaurantes

Gastos subvencionables:

  • Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
  • Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística.
  • Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
  • Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.
  • Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
  • Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sostibilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
  • Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento.
  • Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.

Importe máximo: 100.000 euros.

Prazo: 1 mes.

Presentación de solicitudes: obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario ANEXO II dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou no PDF adxunto.

Máis informacion:

 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo