O Concello de Boqueixón vén de aglomerar a estrada que une a aldea de Engas (Codeso) coa parroquia de Donas. Un tramo de 650 metros, de gran circulación e polo que pasa o servizo de transporte escolar. Proximamente executarase outro tramo de estrada entre Sucira e Donas, de 440 metros de lonxitude, e que será tamén realizado en aglomerado. Unha actuación para a que o Concello de Boqueixón ten reservados outros 49.000 euros.
Deste xeito, “seguimos avanzando na mellora dos servizos ás parroquias”, apunta o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, quen lembra que hai unhas semanas tamén se actuou na mellora dos servizos na localidade de Zaramacedo, na parroquia de Lamas. Unha tripla actuación de mellora do saneamento, recollida de pluviais e firme do viario na que o Concello de Boqueixón investiu 27.000 euros.

