Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Xuventude (OMIX)

O Concello de Boqueixón abre ata o 24 de abril o prazo de preinscrición nos Campamentos de Verán 2026

14 de abril de 2026

O Concello de Boqueixón presenta unha nova edición dos campamentos de verán. Trátase dunhas actividades socioeducativas e de desenvolvemento persoal que buscan potenciar as relacións entre a rapazada mentres desfrutan do deporte e do tempo libre. O prazo de preinscrición está aberto ata o 24 de abril.

As familias poden elixir entre:

  • Minicampamento de aventura, dirixido a nenos e nenas nados nos anos 2015, 2016 e 2017. Terá lugar do 23 ao 26 de xuño. Prezo: 160 euros. Formulario de preinscrición.
  • Campamento de mar, do 22 ao 29 de xuño (8 días e 7 noites). Ten como destinatario mocidade nada en 2010, 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015. Prezo: 250€. Formulario de preinscrición.

Para formalizar a inscrición, teranse en conta os seguintes criterios de admisión, por orde de prioridade:

  1.  participante empadroado en Boqueixón (cun mínimo de 3 meses de antigüidade)
  2. pai, nai, titor/a empadroado (mínimo 3 meses de antigüidade)
  3. participante escolarizado en Boqueixón
  4. resto de nenas/os.
Compartir
WhatsApp Facebook Correo