Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

CIM

O local social de Vigo acollerá o contacontos “Cantos de avoa” o martes 28 de abril

15 de abril de 2026

O local social de Vigo acollerá o próximo martes 28 de abril, ás 18:30 horas, o contacontos “Cantos de avoa”. Trátase dun contacontos posto en escena por Trémola Teatro e que está organizado polo Concello de Boqueixón, ao abeiro do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e como desenvolvemento da campaña de sensibilización e prevención contra a violencia de xénero, fomentando referentes masculinos cara a igualdade.

Este contacontos narra a historia dunha meniña, Rosa, que atopou no faiado da súa casa a pandeireta da súa avoa. Entón descubre que, cando a súa avoiña era nova, xuntábase con outras veciñas para cantar cantigas e historias populares.

A participación é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse a través de este formulario.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo