O Concello de Boqueixón abre o prazo de inscrición no servizo de conciliación Verán Activo, que estará aberto ata o 10 de maio de 2026. Trátase dun servizo de coidados para a rapazada de idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos durante o período vacacional do verán. Consulta as bases.
Así, do 22 de xuño ao 8 de setembro, o Concello de Boqueixón ofrecerá un servizo de conciliación para a rapazada con actividades lúdicas, educativas e deportivas, en horario de 9:00 a 14:00 horas (do 22 ao 30 de xuño e do 1 ao 8 de setembro) e con posibilidade de ampliación horaria de 8:00 a 15:00 horas nos meses de xullo e agosto para aqueles que así o soliciten na ficha de inscrición. Unha ampliación posible grazas ao programa +Concilia.
O programa desenvolverase nas instalacións do CPI Antonio Orza Couto e nas instalacións municipais emprazadas no Forte, habilitadas para acoller estas actividades deportivas e de lecer.
Anotacións
Verán Activo oferta un total de 45 prazas para o mes de xuño, 120 prazas para o mes de xullo, 60 prazas para o mes de agosto e 25 prazas no mes de setembro. Está aberto a nenos e nenas que cursen segundo ciclo de educación infantil, primaria ou secundaria, con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos sempre que cumpran, cando menos, un destes dous requisitos:
- Que as súas nais, pais, titoras ou titores estean empadroados en Boqueixón cun mínimo de 3 meses de antigüidade.
- ou que a rapazada estea escolarizada nun centro educativo do municipio de Boqueixón.
De feito, no caso de que os proxenitores, titores ou representantes legais das crianzas non estean empadroados, deberán achegar acreditación de que os menores están escolarizados nun centro educativo do concello de Boqueixón.
As inscricións realizaranse enviando a ficha de solicitude e demais documentación solicitada a través dunha destas dúas vías:
- Telemática: a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (preferente)
- Presencial: mediante escrito presentado no Rexistro Xeral do Concello
O procedemento de confirmación de prazas é o seguinte:
- Listaxe provisional de admitidos/das: unha vez rematado o prazo de inscrición, publicarase na web municipal a lista provisional de admitidos/das e excluídos/das.
- Prazo de reclamacións: unha vez publicada a listaxe disporase de 3 días naturais para presentar alegacións.
- Listaxe definitiva de admitidos/das: publicarase transcorridos 5 días naturais dende o remate do prazo de alegacións.
Cabe a posibilidade de matricularse por días soltos ou por semanas, no caso de existir prazas vacantes, con preaviso de tres días, por escrito e sempre que existan prazas dispoñibles.
Finalizados os prazos de inscricións e no caso de que quedar prazas vacantes, poderán ser cubertas por novas solicitudes seguindo o rexistro de entrada.
Prezos e bonificacións
Os prezos do Verán Activo son:
- 25 euros por semana
- 50 euros por quincena
- 100 euros por mes
- 7 euros días soltos
Aquelas familias que precisen do servizo + Concilia, terán o seguinte prezo/hora:
- 5 euros por semana
- 10 euros por quincena
- 15 euros por mes
- 2 euros días soltos
A maiores, o Concello de Boqueixón establece as seguintes bonificacións:
| Supuestos de bonificación | Porcentaxe de bonificación |
| Suposto de emerxencia social ou outra situación valorada técnicamente polo Departamento de Servizos Sociais / Centro de Información á Muller* | 100% |
| Unidades familiares con ingresos que non superen o IPREM: 600 € / Mes* | 100% |
| Unidades familiares con ingresos que non superen en 2 veces o IPREM: 1.2000 €/mes* | 75% |
| Unidades familiares con ingresos que non superen en 3 veces o IPREM: 1.8000 €/mes* | 50% |
| 2º membro da unidade familiar matriculado no mesmo período de tempo | 25% |
| 3º ou sucesivos membros da unidade familiar matriculados no mesmo período de tempo | 50% |
| *para aplicar esta bonificación é requisto que a base impoñible do IRPF da unidade familiar sexa menor que o triplo do IPREM (tributación individual, media) ou que o séxtuplo do IPREM (tributación conxunta) | |
Verán Activo é un programa organizado polo Concello de Boqueixón e cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade do Goberno de España a través do Plan Corresponsables.
Adxuntos
- Bases conciliacion (132 kB)
- Ficha Solicitude inscrición Verán Activo 2026 (178 kB)