Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

Derradeiros días para participar nos Premios PEL 2026

5 de maio de 2026

Derradeiros días para presentar candidatura á oitava edición dos Premios PEL 2026, unha iniciativa organizada pola Deputación da Coruña para distinguir as mellores iniciativas empresariais da provincia. Esta edición conta coa contía máis alta dos galardóns: 80.000 euros.

A participación está aberta a todas as empresas da provincia, sen importar a súa antigüidade. Ademais, implementouse un proceso simplificado, polo que a presentación da candidatura é máis sinxela e precisa de menos documentación. Este ano haberá 4 categorías e unha mención especial:

  • INICIATIVA EMPRENDEDORA: Inicio de actividade en 2024, 2025 ou 2026.
  • TRAXECTORIA EMPRESARIAL: Inicio de actividade en 2023 ou con anterioridade.
  • INICIATIVA TERRITORIO SOSTIBLE: Iniciativas vinculados á transición ecolóxica, economía circular, sustentabilidade e protección do medio ambiente.
  • INICIATIVA EMPRESARIAL SINGULAR: Iniciativas creativas, innovadoras e con identidade propia, ligadas ao territorio, á tradición ou ao uso de recursos locais.
  • CATEGORÍA HONORÍFICA: mención do xurado á mellor iniciativa transformadora do rural. Sen postulación de candidaturas nin importe económico.

A presentación de candidaturas realizarase exclusivamente online a través de SUBTeL.

Máis información e bases: https://pel.gal/premio

Compartir
WhatsApp Facebook Correo