Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

#EMPREGO: Auxiliar de Axuda a Domicilio en Boqueixón

19 de maio de 2026

empregoboqueixon

A axente de emprego e desenvolvemento local de Boqueixón informa dunha oferta laboral da empresa Asistenzia que busca Auxiliar de Axuda a Domicilio en Boqueixón.

Funcións:

  • Apoio en hixiene persoal, vestido e mobilidade.
  • Acompañamento e apoio emocional á persoa usuaria.
  • Supervisión e comunicación de incidencias ou necesidades.

Requisitos:

  • Formación sociosanitaria (TCAE, FP Atención á dependencia, certificados de profesionalidade…)
  • Dispoñibilidade de vehículo propio

Que se ofrece:

  • Contrato temporal inicial (cobertura baixa IT)
  • 30 horas semanais
  • Abono da quilometraxe realizada entre servizos

Recepción de candidaturas:
Persoas interesadas, envíen o seu CV a: equipo@asistenzia.es

Compartir
WhatsApp Facebook Correo