Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

CIM

Lista definitiva de admisións e exclusións no servizo de conciliación Verán Activo 2026

27 de maio de 2026

O Concello de Boqueixón publica a lista definitiva de crianzas admitidas no servizo de conciliación Verán Activo 2026, dentro do Plan Corresponsables.

Lembramos que están obrigadas ao pago dos prezos públicos as persoas beneficiarias do servizo Verán Activo 2026 DESDE o momento da formalización da inscrición da actividade na conta bancaria do Concello de Boqueixón ABANCA ES68 2080 0320 2531 1000 0 666, cunha antelación de 10 días antes do comezo da actividade, especificando en concepto o nome, apelidos e quenda na que participa.

O xustificante bancario do aboamento do servizo Verán Activo deberá presentarse presencialmente no departamento do CIM do Concello de Boqueixón ou a través do correo electrónico cim@boqueixon.com

Compartir
WhatsApp Facebook Correo