Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): BANDOS E AVISOS, Boqueixon
  • Publicada o 2 junio 2026

O Concello de Boqueixón abre ata o 21 de xuño o prazo de solicitude de cacharelas para a noite de San Xoán

CacharelasBoqueixon

O Concello de Boqueixón abre o prazo de solicitude dos permisos para realizar as cacharelas da noite de San Xoán. A entrega da documentación correspondente deberase realizar no Rexistro Xeral ou a través da sede electrónica antes das 23:59 horas do domingo 21 de xuño. O modelo de solicitude pódese descargar premendo aquí.

O Concello de Boqueixón insiste na necesidade de que as solicitudes localicen e identifiquen perfectamente a parcela onde se vai facer a cacharela, achegando sempre a referencia catastral da finca na que se vai emprazar (que podes atopar, por exemplo, no recibo do IBI, nunha escritura de compravenda ou consultala a través da sede electrónica do Catastro).

Ademais, lembramos que estes permisos son única e exclusivamente para as cacharelas da noite do 23 ao 24 de xuño e que dende o Concello non se autorizarán fogueiras noutras datas.

Normas de seguridade

Finalmente, apuntamos algunhas normas de obrigatorio cumprimento para maior seguridade á hora de montar as cacharelas de San Xoán:

  1. As persoas, organizacións ou comunidades que desexen realizar unha cacharela, presentarán a solicitude correspondente no rexistro do concello antes das 23:59 horas do día 20 de xuño, sinalando o lugar elixido (sempre coa referencia catastral da parcela), así como o nome, enderezo e teléfono dos responsables da organización ou comunidade, que deberán coidar os arredores.
  2. O volume de combustible da cacharela non sobrepasará os seis (6) metros de perímetro nin os dous (2) de altura.
  3. A separación entre as cacharelas e os edificios e árbores será, como mínimo, de vinte (20) metros. Porase especial coidado de non situalas debaixo de tendidos eléctricos ou telefónicos. Evitaranse tamén os lugares onde exista algún local no que se almacenen produtos inflamables.
  4. Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, etc., e en xeral, calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico.
  5. En ningún caso se botará ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays), aínda cando estean baleiros.
  6. No suposto de que a cacharela se faga sobre terreos de uso público enlousado, os organizadores encargaranse de protexer o pavimento cunha capa de area de 10 cm.
  7. Ao rematar a cacharela e antes de abandonar o lugar, os responsables da organización coidarán de que as cinzas queden totalmente apagadas e a pavimentación quede no mesmo estado no que se atopaba antes de iniciarse o lume.
  8. Será obrigatoria a limpeza do espazo autorizado ó remate da actividade, incluídos os elementos utilizados para o desenvolvemento do mesmo, inmediatamente despois de rematada a cacharela e/ou sardiñada.

Por unha segura e feliz noite de San Xoán para todos e todas.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}