O Concello de Boqueixón informa da apertura do prazo de inscrición para o proxecto DIXTURGAL (Competencias dixitais para o sector turístico en Galicia). Esta iniciativa pon en marcha unha serie de accións formativas totalmente gratuítas co obxectivo de mellorar a capacitación, competitividade e habilidades tecnolóxicas das persoas vinculadas ao turismo na nosa comunidade.
O programa está financiado e contempla dous itinerarios formativos adaptados a diferentes niveis de coñecemento, ambos os dous na modalidade de teleformación (en liña).
Características principais dos cursos:
- Modalidade: 100% Online.
- Duración: 75 horas por curso.
- Certificación: Recoñecemento de 3 créditos ECTS (Curso Universitario Técnico).
- Prezo: Gratuíto.
- Prazas: Limitadas (precísase reserva).
Itinerarios formativos dispoñibles
1. Curso Universitario Técnico en Competencias Dixitais Básicas
Esta formación está orientada a adquirir e consolidar as habilidades dixitais esenciais para desenvolverse con seguridade, autonomía e eficacia tanto na contorna cotiá como na profesional.
Contidos principais: Búsqueda e xestión de información en Internet, uso de ferramentas de comunicación dixital, organización de datos, colaboración en liña, creación básica de recursos, protección de datos persoais, navegación segura e resolución de problemas técnicos habituais.
Obxectivo: Mellorar a confianza dixital e reforzar a empregabilidade nun sector turístico cada vez máis conectado.
2. Curso Universitario Técnico en Competencias Dixitais Avanzadas
Este itinerario está deseñado para reforzar e ampliar o dominio das tecnoloxías dixitais dende unha perspectiva práctica, crítica e estritamente profesional.
Contidos principais: Búsqueda avanzada de información, xestión eficiente de contidos, comunicación e colaboración en liña avanzada, creación de recursos multimedia, protección da identidade dixital, ciberseguridade, accesibilidade e o uso aplicado de ferramentas baseadas en intelixencia artificial.
Obxectivo: Optimizar as tarefas profesionais e responder con seguridade aos retos actuais do mercado turístico.
A quen vai dirixido?
O programa DIXTURGAL está pensado para persoas residentes en Galicia vinculadas ou interesadas no sector turístico, incluíndo:
- Persoal laboral en activo ou en situación de desemprego.
- Traballadores/as autónomos e pequenas empresas.
- Profesionais de actividades relacionadas co aloxamento, restauración, hostalería, agencias de viaxes e guías turísticos.
- Xestores de transporte, servizos culturais, lecer, recursos turísticos, atención ao visitante ou xestión de destinos.
- Membros de asociacións profesionais e entidades locais.
Inscricións e información
As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de solicitude. As persoas interesadas en reservar a súa praza ou en recibir máis detalles sobre o proceso de matrícula poden solicitar información a través das canles oficiais do proxecto.