Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Perfil do contratante

Contratación mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios do servizo de axuda no fogar

13 de xaneiro de 2015

Formalización do contrato

No BOP núm. 79 do día 29 de abril publicouse o anuncio da formalización do contrato que asinou  esta entidade o día 21/04/201, coa empresa Atendo Calidade, SL.

______________________________________________________________________________________________________________

Actas da mesa de contratación dos días 26 de febreiro ( apertura dos sobres B – Referencias Técnicas) e 13 de marzo ( apertura dos sobres C-Ofertas económicas)

[attachments docid=”5571,5570″]

__________________________________________________________________________________________________________________

 

A mesa de contratación, tal e como se acordou na anterior sesión, reunirase o día 19 de marzo ás 13.00 h no salón de plenos do concello para facer a proposta de adxudicación do contrato ó órgano de contratación.

__________________________________________________________________________________________________________________

O vindeiro venres día 13 de marzo ás 12.00 horas,  reunirase a Mesa de Contratación para proceder coa apertura dos sobres C de Ofertas Económicas.

__________________________________________________________________________________________________________________

Por renuncia dun dos compoñentes do comité de expertos, nomeouse sustituta por resolución da alcaldía ditada o día 24 de febreiro, quedando o comité de expertos formado polas seguintes persoas:

Dª Mónica Rodríguez Palacio, Traballadora Social Colex. nº 752

Dª Virginia Amor Carballido, Traballadora Social Colex. nº 2046

Dª Inés Currais Recarey, Traballadora Social Colex. nº 2663

[attachments docid=”5384″]

___________________________________________________________________________________________________________________

CONVOCATORIA MESA DE CONTRATACIÓN

O vindeiro día 26 de febreiro reunirase a mesa de contratación no salón de plenos deste concello, ás 9.30 h da mañá, coa finalidade de abrir os sobres B de Referencias Técnicas, das ofertas presentadas no concurso de axuda no fogar.

___________________________________________________________________________________________________________________

Para dar cumprimento á cláusula 14 de prego de cláusulas aprobado para esta licitación, a Xunta de Goberno na sesión realizada o día 29 de xaneiro nomea o comité de expertos que valorará os criterios que dependan dun xuízo de valor, e que estará formado polas seguintes persoas:

 

Mónica Rodríguez Palacio, Traballadora Social Colex. n 752

Virginia Amor Carballido, Traballadora Social Colex. n 2046

Lucía Carballeira Vieites, Traballadora Social Colex. n 1813

[attachments docid=”5218″]

___________________________________________________________________________________________________________________

O día 21 de xaneiro sae publicado no xornal El Correo Gallego o anuncio da licitación do servizo de axuda a domicilio, onde se recorda que a data de finalización do prazo para a presentación de ofertas remata o día 4 de febreiro ás 14.00 horas.

___________________________________________________________________________________________________________________

No BOP núm. 12 do día 20 de xaneiro sae publicado o anuncio correspondente a esta contratación. O prazo para a presentación das ofertas comeza o día 21 de xaneiro e remata o día 4 de febreiro.

___________________________________________________________________________________________________________________

1 ENTIDADE ADXUDICATARIA :

a) Organismo: Concello de Boqueixón.
b) Domicilio: O Forte – Boqueixón.
c) Tel: 981 513 061
d) Fax : 981 513 000
e) Correo electrónico : lab.mcapps.es

2 OBXECTO DO CONTRATO:

Servizo de axuda no fogar.

3 DURACIÓN DO CONTRATO :

A duración do contrato será de 1 ano dende a data do inicio da actividade podendo ser prorrogado por outro, mediante acordo do órgano de contratación, que resultará obrigatorio para o contratista de acordo co establecido  no artigo 23 do TRLCSP.

4 TRAMITACIÓN E PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN :

a) Tramitación: ordinaria
b) Procedemento: aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación.
c) Criterios de adxudicación :

a)    Criterios avaliables de forma automática:  máximo de 20 puntos.

·    Prestacións específicas complementarias, ata un máximo de 12 puntos.
·    Servizo de transporte adaptado, ata un máximo de 8 puntos.

b) Criterios que dependen dun xuízo de valor: Estes criterios non son avaliables de xeito automático, senón que serán valorados polo comité de expertos, ata un máximo de 80 puntos:

·    Proxecto técnico de desenvolvemento do servizo: de 0 a 50 puntos.
·    Melloras: de 0 a 30 puntos.
·    Outras melloras, diferentes ás relacionadas nos apartados anteriores:de 0 a 5 puntos.

5 PRESUPOSTO BASE DE LICITACIÓN

Os prezos unitarios máximos, polos que se facturará o servizo serán os seguintes:
Prezo ordinario de licitación do Servizo de Axuda no Fogar de prestación básica e dependencia, que corresponde ás horas realizadas os días laborables e sábados pola mañá, 13,48 €/hora, IVE excluído.
Prezo extraordinario de licitación do Servizo de Axuda no Fogar de prestación básica e dependencia, que corresponde ás horas realizadas ao sábado pola tarde, domingos e festivos, 14,25 €/hora, IVE excluído.
Os licitadores formularán as súas proposicións especificando o prezo ordinario e extraordinario, de acordo co anexo I, indicando como partida independente o imposto sobre o valor engadido.
Entenderase que as ofertas dos licitadores inclúen os tributos que sexan de aplicación de acordo coa lexislación vixente.
6 GARANTÍA PROVISIONAL :

Non se esixe.

7 GARANTIA DEFINITIVA :

5 % do prezo de adxudicación, IVE excluído.

8 PRESENTACIÓN DE OFERTAS

a) Data límite de presentación: en horario de 9.00 a 14.00 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ao da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP, perfil contratista e no xornal El Correo Gallego

b) Presentaranse en tres sobres pechados :

SOBRE A : subtitulado “ Documentación”, conterá a documentación esixida na cláusula 11 do prego.
SOBRE B: subtitulado “ Referencias técnicas ”, conterá a documentación esixida na cláusula 11 do prego.
SOBRE C : subtitulado “ Oferta Económica ”, conterá a proposición económica axustada ao modelo que figura no ANEXO II.

9  APERTURA DE OFERTAS

A apertura das propostas realizarase no prazo dun mes dende o remate do prazo de presentación de proposicións.

Previamente, a mesa abrirá os sobres A ( Documentación) para a cualificación da documentación administrativa.
Nunha data posterior, abriranse os sobres B de Referencias Técnicas para facer entrega do documentación ós membros do comité de expertos, e nesta mesma xa se fixará a data para a realización da seguinte mesa onde se abrirán os sobres C de Oferta Económica.

Todas as datas serán comunicadas no perfil do contratista.

10 INFORMACIÓN
 
No teléfono 981 513 061 e na páxina web do concello : lab.mcapps.es

11 GASTOS DO ANUNCIO :

Os gastos correspondentes aos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Información adicional:

Comunícase a efectos de que se teña en conta como información anexa á cláusula 6 dos pregos de cláusulas administrativas que rexen a contratación deste servizo, que a partires do día 15 de xaneiro, entrou en vigor o art. 4 da Lei 25/2013 de, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no sector público.

[attachments docid=”5168,5133″]

 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo