Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

Curso gratuíto: “Prevención de riscos psicosociais no sector comercio”

1 de xullo de 2026

A Federación Galega de Comercio (FGC), coa financiación da Xunta de Galicia, pon en marcha un curso de sensibilización en Prevención de Riscos Laborais dirixido a traballadores/as e autónomos/as do sector comercio de Galicia, e desempregados/as de Galicia.

Trátase do curso de Prevención de riscos psicosociais no sector comercio, unha acción formativa de 53 horas de duración, que se desenvolverá en modalidade en liña (50 horas) e aula virtual (3 horas).

Ao longo da formación, o alumnado aprenderá a identificar os principais riscos psicosociais presentes no comercio de proximidade, coñecerá os factores que favorecen a súa aparición —como a carga mental, a organización do traballo, os estilos de mando ou determinadas condutas violentas— e adquirirá ferramentas para previr situacións relacionadas co estrés laboral, o mobbing, o acoso sexual e por razón de sexo, a síndrome de burnout ou o estrés tecnolóxico. Ademais, abordaranse medidas preventivas específicas adaptadas ás características do comercio de proximidade galego e ao marco normativo vixente.

O curso comezará o próximo 9 de xullo e actualmente quedan as últimas prazas dispoñibles para as persoas interesadas en participar. A formación está dirixida a traballadores/as e autónomos/as do sector comercio de Galicia, así como a persoas desempregadas de Galicia, e forma parte das accións impulsadas para promover unha maior cultura preventiva no tecido comercial galego.

É importante destacar que non se trata de formación bonificada, polo que non supón ningún custo económico para os traballadores, non require autorización da empresa e non consome créditos de formación.

Como inscribirse?

As persoas interesadas poden solicitar a súa praza a través da seguinte ligazón:

👉🏻https://www.cursosfemxa.es/cursosgratis-prl-galicia

Podes solicitar máis información a través das seguintes canles:

Compartir
WhatsApp Facebook Correo