Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Xuventude (OMIX)

Inscricións nas actividades do programa “Correntes do Ulla”

8 de xullo de 2026

Os Concellos de Boqueixón e Vedra desenvolven o programa “Correntes do Ulla 2026”, que inclúe seis actividades: un campo de voluntariado, dúas sesións de ioga e dúas rutas de sendeirismo. Información en inscricións nos Concellos de Boqueixón e Vedra.

O programa completo é o seguinte:

DESCENSO DO ULLA

  • Data: 27 de xuño.
  • Percorrido: Dende o Campo do río de Ponte Ledes­ma ata a Área de Recreo de Agronovo.
  • Prezo: 30 euros (1 praza nun kaiac para dúas persoas, chaleco salvavidas e seguro).
  • XA REALIZADA

 IOGA NA BEIRA DO ULLA 

  • Data: 18 de xullo.
  • Imparte: Xus Raíndo
  • Lugar: Área de recreo de Sucira (Boqueixón).
  • Horario: De 18:00 a 20:00 horas.
  • XA REALIZADA

CAMPO DE VOLUNTARIADO “MONTE SACRO”

  • Datas: do 21 de xullo ao 1 de agosto
  • Idades: de 18 a 30 anos.
  • Temática: arqueoloxía e medio ambiente.
  • Colabora: Dirección Xeral de Xuventude
  • XA REALIZADA

GOZA DO ULLA 2026 (RUTA VÍA DA PRATA – SAN XOÁN DA COVA)

  • Data: 2 de agosto.
  • Saída: Ás 10:00 horas na Capela do Santiaguiño, enlazando coa ruta de San Xoán da Cova ata a Área de Recreo de Cubelas.
  • Distancia: 16 km aprox.
  • Dificultade: media-baixa
  • Inscricións:
  • XA REALIZADA

RUTA POLO PATRIMONIO OCULTO DE VEDRA BOQUEIXÓN (ARQUITECTURA DO VIÑO)

  • Data: 8 de agosto
  • Horario: de 10:30 a 13:30 h.
  • Prazas limitadas
  • Inclúe cata – degustación
  • Inscricións: premendo aquí

 IOGA NA BEIRA DO ULLA

  • Data: 14 de agosto
  • Imparte: Ana María García Liñares
  • Lugar: Área de Recreo de Cubelas (Vedra)
  • Horario: De 18:00 a 20:00 horas
  • Inscricións ata o 12 de agosto ou ata completar prazas: Premendo aquí
Compartir
WhatsApp Facebook Correo