Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, TURISMO
  • Publicada o 9 julio 2026

O Concello de Boqueixón pon en marcha os “Tardeos no Pico Sacro”: gastronomía, cultura e turismo para poñer en valor o monte Ilicino

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron esta mañá os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.

Ovidio Rodeiro salienta que “comezamos unha nova andaina no Pico Sacro, este monte mítico e lendario, cunha programación moi ambiciosa onde por primeira vez incorporamos un servizo de food-truck e ampliamos a programación cultural para que o visitante poida desfrutar destas fermosas vistas e da posta de sol nas tardes dos venres, sábados e domingos, festivos e vésperas de festivos”. O alcalde convida non só á veciñanza de Boqueixón senón “ a todas as persoas que queiran coñecer o Pico Sacro con visitas guiadas e degustar os produtos da zona dunha food-truck con pratos inspirados nas nosas tres festas de interese turístico: a Filloa de Lestedo, o Entroido dos Xenerais da Ulla de Sergude e as Carrozas de San Cidre do Oural”.

Food-truck e visitas guiadas

Un punto no que incidiu o propio Álex Iglesias, en cuxa food-truck “Sabores que te suben ao Pico” non só se poderán tomar cafés, augas e refrescos, senón degustar tamén propostas con produtos locais, como unha hamburguesa con queixo Bo Queixo, ou postres como a Tarta de Lestedo ou as filloas de Lestedo con crema e avelá servidas hoxe. Como ben asegura, “cada bocado conta unha festa, cada receita conta Boqueixón”. A food-truck prestará servizo todos os venres, sábados, festivos e vésperas de festivos, en horario de 15:00 a 22:30 horas; así como os domingos, de 12:00 a 20:30 horas.

Paralelamente, o Concello de Boqueixón ofrecerá un servizo de visitas guiadas ao Pico Sacro nos meses de xullo, agosto, setembro e outubro. Unhas visitas de 1 hora de duración nas que o técnico municipal de Turismo presentará aos turistas as múltiples facetas do Pico So O horario das visitas será de mércores a domingo, con saída do aparcamento do Pico Sacro ás 12:00, 16:00, 18:00 e 20:00 horas. En casos, sobre todo, de grupos numerosos recoméndase reservar praza no mail boqueixonturismo@gmail.com ou no 981 513 061.

Actividades

A maiores, o Concello de Boqueixón ten preparada unha ampla programación cultural para dinamizar este espazo con actuacións musicais, recitais, conferencias… Un programa que arrinca este sábado 11 de xullo coa oitava edición do ciclo “Un mes e Pico”, que inclúe catro actividades na contorna do monte Ilicino. Así, a programación cultural paralela e gratuíta no Pico Sacro inclúe neste mes de xullo:

  • Sábado 11 de xullo, ás 10:00 horas. Ciclo “Un mes e Pico”. Actividade: “O Pico Sacro e os catro elementos da natureza”, unha iniciativa de conexión co Monte Sagrado a través dos catro elementos da natureza mediante dinámicas de mindfulness, movemento consciente e arteterapia.
  • Venres 17 de xullo, ás 19:30 horas. Brais das Hortas presenta o seu espectáculo “Consertasso na horta”, dirixido a un público familiar.
  • Sábado 18 de xullo, ás 19:00 horas. Ciclo “Un mes e Pico”. Conferencia “Historia e lendas do Pico Sacro a través de gravados e imaxes”, con Henrique Neira e Pablo Sanmartín. Capela de San Sebastián.
  • Domingo 19 de xullo, ás 19:00 horas. Ciclo “Un mes e Pico”. Conferencia “O que fan as montañas sagradas: testemuñas antigas e sentidos presentes desde os Andes”, con Thibault Saintenoy. Capela de San Sebastián.
  • Venres 24 de xullo, ás 19:00 horas. Ciclo “Un mes e Pico”. Conferencia “Eclipses na historia e nas culturas”, con César González García. Capela de San Sebastián.
  • Xoves 30 de xullo, ás 20:00 horas. “Noite máxica, noite meiga”, recital poético musical cos poetas Peter Brea, Ivan Pardo (Varviak), Alejandro G Calderón (raizausente) e Ana Valín (Mirlo Blanco). Coa actuación da cantautora María Carolina e unha sesión de pintura en directo a cargo de Miguel Tierra.

 

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}