Boqueixón, 11 de agosto de 2026.- Máis de 200 persoas quixeron facer historia na primeira edición da visita guiada teatralizada “A Ponte da Honra”, celebrada o pasado domingo en Ponte Ledesma.
Os participantes puideron facer un percorrido polos episodios e historias máis senlleiras que rodean a Ponte Ledesma da man do recoñecido guía e actor Suso Martínez. Nesta ocasión contou coa participación especial de Daniel Lindh, a propia veciñanza do concello e o acompañamento musical de Muxicas da Silveira.
A boa acollida desta visita guiada teatralizada dalle continuidade a actividade que o vindeiro ano celebrará unha segunda edición, na que contará co acompañamento musical da banda local Banda Unión de Ponteledesma, que ten unha peza musical composta polo compositor Simone Couceiro de nome “batalla de Ponteledesma”.
